Imagen principal
Fotos Somozas

Turismo

Tempo de lecer
Vista Somozas

Val a pena achegarse a As Somozas para desfrutar dunha paixaxe de interior realmente fermosa. Os ríos Mera e Xubia, este último coa súa cabeceira no término municipal, e ámbolos dous regulares e caudalosos proporcionan ao concello un verdor e unha fertilidade que, non por absolutamente normal no país, resulta menos rechamante. Toxos, uces, xestas e castiñeiros compoñen a masa vexetal e arbórea do municipio.


En canto aos lugares de ocio As Somozas conta coa área recreativa de “A Queiroga” na parroquia de Seixas, onde se pode desfrutar dunha comida campestre á sombra das diversas árbores que hai neste lugar e á carón do río Mera desde onde se pode observar en irregular estado de conservación, un muíño de pedra.

Na capital municipal atopamos o merendeiro “O Carballo” que conta cunha zona verde con mesas para varios comensais e unha piscina con vestuarios aberta na época estival, todo elo ao carón dun paseo fluvial que discorre á beira do río Xubia e uns xardíns que merece a pena contemplar.

O río Ferrerías, afluente do Xubia, é de agradable visita tamén, pois ao longo das súas ribeiras se estenden diversos muíños e machucos, en irregular estado de conservación, onde se mazaba no ferro das minas da comarca, de ahí o seu nome.