As terras das Somozas encóntranse nunha zona de transición entre as altas serras do Forgoselo e Faladoira e o val de San Sadurniño. Forman as últimas estribacións de esas montañas, xusto antes de despegarse os vales e as ribeiras de Ferrolterra.
O río Grande de Xubia baña os seus límites meridionais por Recemel, e o Mera, que desemboca na ría de Ortigueira, sírvelle de límite en todo o seu contorno oriental, ainda que recibe diversos nomes o longo do seu recorrido.
Un afluente do Xubia, o río Ferrerías, leva o nome que lle deron as abundantes explotacións mineiras de ferro de esta comarca e ademais forma un precioso val, compartido co término municipal de Moeche.
A máxima altura encóntrase na Pena dos Ladróns (620 metros). Outros montes destacan por motivos diversos, O Marván (507 metros) está relacionado co famoso tributo das cen doncelas.
O Gradoi (357 metros), coa súa forma perfectamente cónica, álzase ó oriente da vila, circundado polo Ferreira e o Xubia. Entre eles, pequenos e tímidos vales xogan a esconderse entre unha vexetación sobre todo autóctona, dando a todo o concello un aspecto paisaxísticamente moi agradable. A súa localización como terra de transición entre val e montaña proporcionalle un clima oceánico de temperaturas suaves, pero un pouco mais frescas que as de as rías.