Imagen principal
Fotos Somozas

Situación

Situación do Concello
Parque Eólico Somozas
Parque Eólico Somozas

Pertencente á comarca de Ferrol, o Concello das Somozas atópase no noroeste da provincia da Coruña, nunha zona montañosa entre as estradas AC-861 de Ferrol a As Pontes e a AC-862 de Ferrol a Ortigueira. Precisamente da primeira, no lugar de Espiñaredo, parte a AC- 110 en dirección As Somozas .

Esta é a principal vía de comunicación que ao chegar á capital municipal divídese en dúas direccións. Un ramal segue para A Barqueira, concello de Cerdido , a uns 10 quilómetros e outra vai a Balocos, concello de Moeche, a uns 8 quilómetros; ambas localidades atópanse na estrada de Ferrol a Ortigueira. A partir desta ruta principal en forma de “Y” saen outras vías e camiños que comunican as aldeas e lugares das catro parroquias do concello: As Enchousas, As Somozas, Recemel e Seixas.