Imagen principal
Fotos Somozas

Situación

Parroquias Do Concello

O Concello das Somozas está dividido en catro parroquias: As Enchousas, Seixas, Recemel e As Somozas.

A capital municipal, na parroquia das Somozas, é unha pequena pero pintoresca e ben coidada vila coñecida antigamente como Seré de Somozas, e tamén como a Igrexa, porque o templo barroco de Santiago, alto e ben conservado, preside o centro urbano. Esta igrexa ten unha torre do seculo XVIII e podemos observar no testeiro exterior da capela maior dous xabaríns de pedra, incrustados entre os encalados sillares. Nun lateral atópase tamén un escudo no que se ven, entre outros emblemas, os roeles dos Castro e a banda dos Andrade.

Espalladas por distintos lugares atópanse varias ermidas de diverso valor arquitectónico.

Na parroquia de Seixas está a igrexa e cruceiro de Santa María, e a ermida de San Bartolome no lugar de Airavella.

Na parroquia das Somozas destaca a ermida e cruceiro de San Roque, que celebra a súa romeiría o 25 de xullo coincidindo coas festas do patrón “Santiago Apóstol”, nesta ermida destacamos unha fonte de auga que se atopa na mesma construción. Outras ermidas da mesma parroquia son a de San Isidro no lugar de Graxoiba, a da Nosa Señora da Pena de Francia no lugar de Campo, e as de Vilachave, Pastoriza e San Estevo.

Na parroquia de Recemel destaca o cruceiro e a igrexa do citado lugar moi preto da ermida de San Roque no lugar de Vila, e a igrexa da Toca, na honra de San Antón.

Finalmente na parroquia das Enchousas está a ermida de San Pedro, que é parroquia dende 1895, pero antes foi capela dun pazo desaparecido, construído por antepasados de Emilia Pardo Bazán.

Nesta parroquia atópase a “Casa Grande das Enchousas” coñecida por situarse nela a lenda das Cen Doncelas. Trátase dunha construcción rural tradicional da zona con mampostería e cuberta de lousa de pizarra no lugar do mesmo nome.


Mapa das parroquias de As Somozas