Discorre polas terras das Somozas unha historia, ao mesmo tempo verosímil e fantasiosa. Nunha “Historia do Apóstol Santiago” publicada en Madrid a comenzo do S.XVI, lemos que o nome de Somozas debese a un nobre francés fuxido do seu país e ó que os reis de España concederon estes territorios. O nome do francés era “Sumaças” que derivou en Somozas. Segundo esta historia o cabaleiro galo liberou o val do bochornoso tributo das cen doncelas que os mouros levaban para os seus haréns. As mozas eran recollidas nunha casa, chamada a Casa Grande das Enchousas da que se conserva a casa e o topónimo, hasta ser embarcadas camiño de Africa. A batalla, librada en Melide, derrotou os mouros, ceibou as doncelas, deulle ó francés estas terras e cicelou a historia no antigo escudo do concello onde se representa a Santiago cabalgando sobre unha paisaxe na que aparece a casa das Enchousas, a nave esperando a chegada das doncelas e un monte, o Marván de 507 metros de altura e dende onde os familiares das doncelas decían o último adeus ás naves que levaban as cautivas. Precisamente a etimoloxía popular relaciona Marván con “polo mar van”.