Imagen principal
Fotos Somozas

Situación

¿Como Chegar?
Mapa de Accesos


O concello de Somozas atópase nunha zona montañosa entre as estradas C-641, de Ferrol ás Pontes, e C-642, de Ferrol a Ortigueira. Precisamente da primeira, no lugar de Espiñaredo, non lonxe do alto de Igrexafeita, arrinca a LC-110 cara a Sornozas (9 quilómetros).
Esta é a principal vía de comunicación, que ao chegar á capital municipal divídese en dúas direccións. Un ramal segue ata A Barqueira (11 quilómetros) e outro vai a Balocos (8 quilómetros); ambas localidades áchanse na estrada de Ferrol a Ortigueira. A partir desta ruta principal, en forma de «E», saen as outras vías e camiños que comunican as aldeas e lugares das catro parroquias do concello, case todos en enclaves moi pintorescos, ocultos baixo a espesa vegetación dos vales en que se engurra o relevo.