Dende a Alcaldía do Concello das Somozas dámoslles a benvida a esta “viaxe virtual” polo noso Concello.
A adaptación ás novas tecnoloxías é unha obriga que intenta cumprir o Concello coa posta en marcha desta páxina web.
Esta moderna técnica de comunicación é un paso mais cara a conseguir un Concello dinámico, preto dos nosos veciños; é abrir unha ventá pola que asomarnos o mundo.
Certo é que As Somozas, pola sua implicación no desenvolvemento empresarial en Galicia, precisaba desta ferramenta, para conquerir o equilibrio entre tradición, cultura e modernidade.
Para todos os visitantes desta web, o noso agarimoso saúdo dende As Somozas.